Solapas principales

Ames acolle a VIII Semana Europea da Mobilidade

Jueves, 17 de septiembre de 2026

O Concello de Ames vai celebrar por oitavo ano consecutivo a Semana Europea da Mobilidade, que neste 2026 se desenvolverá no municipio o venres 25 e o sábado 26 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa e sostible. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna cun traxecto de 8 quilómetros que se desenvolverá o día 25 de setembro. O prazo de inscrición para participar xa está aberto, só é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Na organización desta actividades colaboran a Policía Local, a Agrupación de Protección Civil, e a área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

Por oitavo ano consecutivo, o Concello de Ames acollerá a Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa que busca a mobilidade urbana sostible nas cidades e vilas europeas. O programa dará comezo o vindeiro venres, 25 de setembro, coa xa tradicional marcha ciclista nocturna, que dará comezo a partir das 21.30 horas. 

Ao igual que en edicións anteriores, farase un percorrido sinxelo e ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia poida participar. Para inscribirse, hai que enviar un correo ao enderezo electrónico mobilidade@concellodeames.gal, ademais, é preciso levar chaleco reflector e casco durante a marcha. Para esta actividade contarase coa colaboración da Policía Local e da Agrupación de Protección Civil. 

O sábado 26, a acción centrarase en actividades e xogos populares en bici, orientados a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Ditas actividades desenvolveranse no aparcamento de Agriños, no Milladoiro, a partir das 17.00 horas. Cada neno ou nena participante deberá levar a súa propia bici e un casco para garantir a seguridade en todo momento. 

Inscricións
Para poder participar tanto na marcha ciclista nocturna como nas actividades e xogos populares en bici será necesaria unha inscrición previa. Esta deberá realizarse no enderezo de correo electrónico mobilidade@concellodeames.gal

Ames acolle a VIII Semana Europea da Mobilidade

Multimedia

  • Ames acolle a VIII Semana Europea da Mobilidade