- Tematica
Hoxe luns 1 de decembro celébrase na Casa da Cultura do Milladoiro a V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia, a cuarta edición xa en colaboración con AGEM. Nesta edición, danse cita 36 compañías socias de Escena Galega e 12 bandas e artistas asociadas a AGEM. Ao longo da mañá presentáronse 17 propostas en formato showcase. Pola tarde, compañías e bandas manterán xuntanzas rápidas enfocadas á promoción dos seus proxectos. Así, hai programados máis de 300 speedmeetings. Esta xornada está sufragada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
O Concello de Ames colabora na quinta edición da Xornada de Promoción Escénica e Musical, organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Esta actividade trata de crear ano a ano un espazo profesional de relación entre compañías de artes escénicas, bandas de música, promotoras, distribuidoras e profesionais da programación cultural para facilitar o labor de distribución, venda e contratación de espectáculos e actuacións musicais.
Na presentación da V Xornada Profesional de Promoción Escénica e Musical de Galicia participaron Patricia de Lorenzo, presidenta de Escena Galega; e Patricia Hermida, presidenta de AGEM; que estiveron acompañadas de Jacobo Sutil, director de Agadic, quen financia a xornada, e Blas García, alcalde do Concello de Ames, que colabora no evento coa cesión das instalación da Casa da Cultura do Milladoiro.
A presidenta de Escena Galega, Patricia de Lorenzo, fixo fincapé no numero de programadores inscritos que nesta edición son 50, e que iso implica unha importante opción de venda de propostas culturais. Ademais, Patricia Hermida, presidenta de AGEM destacou as sinerxías creadas entre os dous sectores grazas a esta xornada en común.
O alcalde de Ames, Blas García, comentou a importancia de que as administracións se impliquen no coidado e promoción da cultura e destacou o éxito dos bonos culturais do Concello de Ames.
Espazo de relación entre profesionais do sector
Con este evento créase un espazo de relación entre compañías; bandas de música; promotoras e distribuidoras; e profesionais da programación escénica e musical, tanto de espazos públicos como privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais así como a súa contratación.
Nesta edición, danse cita 36 compañías socias de Escena Galega e 12 bandas e artistas asociadas a AGEM. Ao longo da mañá presentáronse 17 propostas en formato showcase.
Ademais, é o ano con maior número de profesionais da programación inscritos, un total de 50, na súa maior parte de Galicia pero tamén con presenza de Portugal. Con eles, compañías e bandas manterán durante a xornada de tarde xuntanzas rápidas enfocadas á promoción dos seus proxectos. Así, hai programados máis de 300 speedmeetings.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames aposta polo potencial da música galega"

















