Solapas principales

Afectacións ao tráfico dende o luns, 3 de novembro, ata a conclusión das obras da nacional N-550 ao seu paso polo Milladoiro

Sábado, 01 de noviembre de 2025

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible continúa avanzando coa execución das obras de mellora da mobilidade sostible da coñecida como travesía do Milladoiro, entre os quilómetros 67 e 68,6 da estrada N-550, no concello de Ames, dentro da área metropolitana de Santiago de Compostela (provincia da Coruña). A actuación conta cun orzamento de 4,7 millóns de euros (IVE incluído), financiados cos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios, produciránse afeccións ao tráfico dende o luns, 3 de novembro, segundo a seguinte planificación, que podería verse alterada polas condicións meteorolóxicas (informaremos de alteracións substanciais do plan de obra polas canles oficiais do Concello de Ames):

3 de novembro, de 8:30 a 21:30 h
• Afeccións na marxe dereita da travesía entre a glorieta SC-20 (km 67,1) e a rúa Magdalena (km 68):
 ◦ Acceso restrinxido a autobuses e residentes.
 ◦ Corte dos accesos á N-550 nos viais da rúa Raxoeira e da rúa Cruxa.
 ◦ Itinerario alternativo pola avenida Muiño Vello, travesía do Porto, Aldea Grela e rúa do Rebullo.
• Afeccións na marxe esquerda entre a travesía da Moa (km 68,8) e a rúa do Rego (km 67,2):
 ◦ Acceso restrinxido a autobuses e residentes.
 ◦ Corte de accesos á N-550 no vial da rúa Figueiras.
 ◦ Itinerario alternativo pola travesía da Moa e a rúa do Rego.

Do 4 ao 5 de novembro, de 8:00 a 21:30 h
• Afeccións na marxe dereita da travesía entre a glorieta SC-20 (km 67,1) e a rúa Magdalena (km 68):
 ◦ Acceso restrinxido a autobuses e residentes.
 ◦ Corte dos accesos á N-550 nos viais da rúa Raxoeira e da rúa Cruxa.
 ◦ Itinerario alternativo pola avenida Muiño Vello, travesía do Porto, Aldea Grela e rúa do Rebullo.
• Traslado dunha parada de autobús fóra do tramo afectado.
• O tráfico pola N-550 non terá restrición en dirección Santiago.

Do 6 ao 7 de novembro, de 8:00 a 21:30 h
• Afeccións na marxe dereita da travesía entre a glorieta SC-20 (km 67,1) e a rúa Magdalena (km 68):
 ◦ Acceso restrinxido a autobuses e residentes.
 ◦ Corte dos accesos á N-550 nos viais da rúa Raxoeira e da rúa Cruxa.
 ◦ Itinerario alternativo pola avenida Muiño Vello, travesía do Porto, Aldea Grela e rúa do Rebullo.
• Corte da rúa Castelao.
 ◦ Itinerario alternativo por Vilar de Calo e rúa das Viñas.
• Traslado dunha parada de autobús fóra do tramo afectado.
• O tráfico pola N-550 non terá restrición en dirección Santiago.

Do 10 ao 12 de novembro, de 8:00 a 21:30 h
• Corte da marxe esquerda da N-550, entre a rúa das Viñas (km 68) e a rúa Cartas (km 68,1).
• O tráfico desviarase pola marxe dereita para ambos sentidos.
• Non haberá paradas de autobús afectadas.

Do 13 ao 14 de novembro, de 8:00 a 21:30 h
• Afeccións na marxe dereita da travesía entre a glorieta SC-20 (km 67,1) e a rúa Francés (km 68,2):
 ◦ Acceso restrinxido a autobuses e residentes.
 ◦ Corte dos accesos á N-550 nos viais da rúa Raxoeira, rúa Magdalena, rúa do Xeixo e rúa Francés.
 ◦ Itinerario alternativo pola avenida Muiño Vello, travesía do Porto, Aldea Grela e rúa do Rebullo.
• Corte da rúa Castelao.
 ◦ Itinerario alternativo por Vilar de Calo e rúa das Viñas.
• Traslado dunha parada de autobús fóra do tramo afectado.
• O tráfico pola N-550 non terá restrición en dirección Santiago.
Por outra banda, seguen vixentes as afeccións en todo o tramo da travesía do Milladoiro, onde se está reducindo de dous a un só carril por sentido de circulación.

Así mesmo, recoméndase utilizar os seguintes itinerarios alternativos debidamente sinalizados:
• No traxecto de saída da cidade de Santiago de Compostela en dirección a Padrón: incorporación á autovía AG-56 na conexión coa SC-20 e saída no enlace de Pardiñas (km 3), en dirección á vía de alta capacidade VG-1.7, cara á travesía das Galanas.
• No traxecto de entrada á cidade de Santiago de Compostela desde Pontevedra ou Padrón: incorporación á vía de alta capacidade VG-1.7, no km 69,2 da N-550, incorporación á autovía AG-56 en dirección Santiago de Compostela, e saída na conexión coa estrada SC-20.
• En traxectos locais, para acceder ás vivendas ou establecementos do núcleo urbano do Milladoiro, polas rúas paralelas á travesía do Milladoiro.
• Para entrar e saír do Polígono do Novo Milladoiro, polos viais que conectan o polígono coa VG-1.7 no enlace de Biduido e coa AG-56.

As afeccións ao tráfico durarán previsiblemente ata o final das obras, previsto para finais de 2025.
Lémbrase que os cidadáns teñen á súa disposición, para calquera consulta relativa ás obras, a oficina de obra situada na rúa Costa Grande nº 2, local 2, CP: 15895 - Ames (A Coruña), entre as 9:00 e as 13:00 horas e entre as 15:00 e as 19:00 horas, de luns a venres.

Teléfono: 881 817 218.
Ademais, dispoñen do buzón milladoiro@eptisa.com, no que os cidadáns poderán realizar unha reclamación, incidencia ou suxestión asociada con estas obras.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Las obras de la travesía de O Milladoiro tendrán importantes afectaciones al tráfico a partir de este lunes"

El Correo Gallego: "O Milladoiro sufrirá cortes de tráfico desde este lunes hasta el final de las obras"

Afectacións ao tráfico dende o luns, 3 de novembro, ata a conclusión das obras da nacional N-550 ao seu paso polo Milladoiro