Solapas principales

Adxudícase o contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión a través da central de contratación da FEMP

Sábado, 18 de febrero de 2023

O Concello de Ames está adherido á Central de Contratación da FEMP que se constitúe como un sistema de racionalización da contratación ao servizo das entidades locais asociadas, e vén de adxudicar na Xunta de Goberno Local do pasado xoves 9 de febreiro á Iberdrola Clientes, S.A.U o contrato baseado no Acordo Marco, formalizado o 12 de maio de 2022, entre a FEMP e Iberdrola Clientes, S.A.U, para a contratación do subministro de electricidade en alta e baixa tensión para o Lote 1 (zona xeográfica península).

O contrato será por un período de 1 ano prorrogable por 1 ano máis e acada un importe anual total con IVE de 855.520 euros. O Concello de Ames contratou o subministro de electricidade de alta e baixa tensión coa empresa adxudicataria do Acordo Marco nas condicións que se fixaron nos pregos de cláusulas administrativas (PCA) e pregos de prescricións técnicas (PPT) incluídos na licitación pública do Acordo Marco no que a FEMP adxudicou o Lote 1 (zona xeográfica península) á empresa Iberdrola Clientes, S.A.U.

Seguindo o procedemento de contratación establecido o Concello de Ames solicitou oferta á empresa adxudicataria e valorada a mesma tecnicamente concluíuse que a oferta recibida presenta respecto do custe actual do subministro un aforro en porcentaxe dun 20% respecto do custe anual no 2022.

Como condición especial de execución o Concello escolleu a prestación de forma gratuíta dun servizo de asesoramento de axuste dos términos de potencia dos puntos de subministro obxecto do contrato. O Concello de Ames conta na actualidade con 210 puntos de subministro (CUPS) que se incluirán dentro do contrato.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, responsable da área de Contratación, mostrouse satisfeita de “adxudicar este servizo conforme ao Acordo Marco da FEMP, o que vai supoñer un aforro importante en gasto de electricidade para o Concello de Ames, ademais de simplificar os trámites administrativos e de facturación que debido ao número elevado de CUPS eran moi difíciles. Con esta adxudicación garantimos polo menos durante 1 ano e con posibilidade de prorrogalo por outro máis, uns prezos estipulados aceptables e non estamos sometidos á variabilidade e as constantes flutuacións dos prezos do mercado eléctrico”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames gastará 855.520 euros al año en energía eléctrica"

Enfoques: "Ames adjudica por 855.520 euros el contrato de suministro eléctrico"

Adxudícase o contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión a través da central de contratación da FEMP