- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 26 de marzo a adxudicación das obras de pavimentación do viario principal de Coira, pertencente á parroquia de Biduído. Dito viario discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Leonardo Miguélez SL por un importe de 64.321 euros. Este proxecto, que se sufraga con cargo á segunda fase do POS +Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación e mellora do viario do lugar de Coira, pertencente á parroquia de Biduído. Dito viario discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Leonardo Miguélez SL por un importe de 64.321 euros.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, destaca que “no pasado ano en Coira xa se executou unha senda peonil e a pavimentación dos interiores deste lugar por un importe de 272.057 euros. Agora vanse investir preto de 65.000 euros máis para completar a actuación iniciada en 2025 e pavimentar o viario principal de Coira, que discorre por diante do CEP de Ventín e conta cunha lonxitude dun quilómetro. Trátase dunha obra moi necesaria xa que dito viario presenta deficiencias no pavimento”.
Gustavo Nieto tamén explica que en Coira realizouse un importe investimento, de arredor de 125.000 euros, en dúas actuacións que se realizaron recentemente para eliminar as pluviais que se acumulaban na entrada do CEIP de Ventín. Deste xeito, solucionouse o problema de evacuación de auga que existía cando se producían fortes choivas.
Actuacións previstas no proxecto
A través de dito proxecto está previsto mellorar a capa de rodaxe do viario principal de Coira, que conta cunha lonxitude dun quilómetro. O proxecto contempla actuacións en dous treitos: un de 660x5 metros e outro de 320x6 metros, así como nun total de 390 metros cadrados de sobreanchos existentes, mediante 3 centímetros de mestura bituminosa descontinua, previa regularización do treito de 660 metros con 1 centímetros da mesma mestura.
Finalmente contemplase a limpeza de gabias e salvagabias para un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo e símbolos.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Ames mejora el viario principal de Coira tras construir la ansiada senda"










