Solapas principales

Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira e José Rey gañan a segunda edición do “Canta con Ames”

Lunes, 29 de agosto de 2022

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu este pasado sábado, 27 de agosto, a fase final da segunda edición do concurso “Canta con Ames”. As/os 12 finalistas interpretaron dous temas completos de distinto estilo musical. Trala actuación das/os finalistas o xurado decidiu que as/os gañadoras/es da segunda edición do “Canta con Ames” son Adriana Vigo, na categoría infantil; María Iglesias, na categoría xuvenil; Montse Angueira, na categoría sénior; e José Rey, na categoría súper sénior. As/os catro gañadoras/es actuarán como abreconcertos da orquestra Panorama o 18 de setembro no Milladoiro. O alcalde, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, destacaron a boa afluencia de público que tivo a final e tamén o éxito desta segunda edición do certame.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou o pasado sábado, 27 de agosto, a gran final da segunda edición do “Canta con Ames”, que se desenvolveu no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Un gran número de veciños e veciñas achegáronse ata dito parque para ver en directo a actuación das/os 12 finalistas, que previamente superaron as fases de preselección e semifinal.

A segunda edición do "Canta con Ames" comezou coas dúas xornadas de preselección na que participaron 25 persoas: 11 concursantes no Milladoiro e 14 en Bertamiráns. Tras a preselección e a semifinal, que se celebrou o pasado 6 agosto, o xurado do certame seleccionou a 12 finalistas. Deste xeito, na final participaron Ana Ramos, Adriana Vigo e David Castiñeiras, na categoría infantil; María Iglesias, Raysa Luciana e Anxo Villanueva, na categoría xuvenil; María Salaño, Elvira Otero, Montse Angueira e Alicia Celdrán, na categoría sénior; e José Rey e Ruth González, na categoría súper sénior.

Na final as/os 12 finalistas interpretaron dúas cancións de distinto estilo musical. Non puideron repetir temas entre elas/eles. Trala actuación das/os finalistas o xurado decidiu que as/os gañadoras/es da segunda edición do “Canta con Ames” son Adriana Vigo, na categoría infantil; María Iglesias, na categoría xuvenil; Montse Angueira, na categoría sénior; e José Rey, na categoría súper sénior.

Ademais, das/dos finalistas durante a final pasaron polo escenario varias convidadas. Neste senso, as convidadas que actuaron foron Noelia Bellas, gañadora da primeira edición na categoría sénior e membro do xurado; Lara López, gañadora xuvenil do ano pasado, que cantou con Inés Suárez, parte do xurado; e Carmen Cuevas, gañadora infantil do primeiro Canta con Ames. Tamén cantou unha canción Rosa, ex-concursante eliminada na semifinal. Finalmente, a deseñadora do cartel desta edición, Antía Montero, veciña do Milladoiro que ten 15 anos, non puido asistir á final.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, tivo palabras de agradecemento para as persoas que se inscribiron no Canta con Ames “porque sen elas non sería posible realizar esta concurso”. Tamén felicitou “a Adriana, María, Montse e José que son as/os gañadoras/es da segunda edición e deulle as gracias a Ines Suárez Rey, Susana López Carbia e Noelia Bellas Ferreira, por formar parte do xurado desta edición, e a Loli Gómez por presentar as diferentes fases do concurso”. Por último tamén “quero agradecer o traballo da empresa Mirabelle Comunicación, que se encargou da organización do concurso, ás asociacións do parque empresarial Novo Milladoiro e XEA polos vales que entregaron, ao establecemento Lovely by Isabelle polo seu aporte para esta final, xa que se encargou do vestiario da presentadora e das tres integrantes do xurado, e á froitería Anabel, do Milladoiro, polas cestas que preparou para ás/os premiadas/os”. A concelleira tamén quixo agradecer “a participación das 25 persoas inscritas nesta edición do Canta con Ames” e convidou “ás 21 persoas que non puideron gañar o certame a que se inscriban na próxima edición para tratar de gañar o concurso”.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou “o éxito da segunda edición do Canta con Ames, o que demostra que xa se está asentando e que é un formato que gusta. Agora toca comezar a preparar a terceira edición, a do 2023. Hai moitas persoas ás que felicitar e agradecer o seu traballo, pero para non esquecerme de ninguén vou a personalizalo nunha persoa, a compañeira Ana Belén Paz, xa que ela é o motor deste evento, e a estas alturas ninguén pode negar a súa dedicación, traballo e compromiso”. Ademais felicitou ás gañadoras/es “moitos parabéns a José, Montse, María e Adriana pola vosa participación e pola vosa vitoria”.

Premios
As 4 gañadoras/es foron premiados cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, preparada este ano pola froitería Anabel, do Milladoiro, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano, unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), e unha tarxeta valorada en 100 euros para gastar nos comercios da Asociación de Empresarios Polígono Novo Milladoiro.

Por outra banda, aos participantes que participaron na final en cada categoría premióuselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Tamén, en sinal de recoñecemento pola colaboración no concurso, entregóuselle un trofeo a Loli Gómez, ás integrantes do xurado (Ines Suárez Rey, Susana López Carbia e Noelia Bellas Ferreira), a un representante da empresa Mirabelle Comunicación, e a Victor Hugo, por encargarse de facer unha ampla reportaxe fotografía das diversas fases do certame de xeito desinteresado. Ademais, entregaráselle un trofeo a Antía Montero, que deseñou o cartel desta edición, que non puido asistir á final.

Actuación coa orquestra Panorama
Ademais dos premios recollidos nas bases da segunda edición do concurso “Canta con Ames”, ás gañadoras/es do certame actuarán como abreconcertos da orquestra Panorama, que estará o domingo 18 de setembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Montse, José, María y Adriana son los cuatro cantantes aficionados que harán de teloneros de la orquesta Panorama en O Milladoiro"

El Correo Gallego: "Adriana Vigo, María Iglesias, José Rey y Montse Angueira, ruiseñores 2022"

AMSGO!: "“Canta con Ames” pechou a súa segunda edición no Ameneiral"

Enfoques: "Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira y José Rey, ganadores del ‘Canta con Ames’"

Imaxe da final do Canta con Ames 2022

Multimedia

  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Imaxe da final do Canta con Ames 2022
  • Embedded thumbnail for