Solapas principales

Abren as votacións para o II Certame Galetiktokers

Martes, 23 de noviembre de 2021

Dende este martes 23 ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, o público poderá escoller ás persoas gañadoras dos dous premios do público de 150 euros que se reparten nesta segunda edición de Galetiktokers. Para votar, cómpre seguir ao perfil de Instagram da OMIX de Ames (@omixames) e premer “gústame” nos 21 tiktoks candidatos, que se subirán a esa mesma conta. Os vídeos con máis “gústame” das dúas categorías de idade (dos 13 aos 16 anos e dos 17 en diante) levarán os galardóns do público. A entrega de premios terá lugar o 16 de decembro, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

En total, unhas 21 propostas de 17 candidatas foron enviadas e aceptadas pola organización, que dende hoxe ten subidos os tiktoks participantes á conta de Instagram da OMIX de Ames, na que se poderá votar premendo “gústame” nos vídeos que se prefiran.

Os dous premios decididos polo público a través das redes sociais acompañan a outros dous galardóns escollidos polo xurado. En total, serán 600 euros os que se repartirán entre as persoas gañadoras, que nesta ocasión poden ser de fóra do concello de Ames. O certame, dirixido á mocidade a partir dos 13 anos, divídese en dúas categorías. A primeira categoría inclúe á rapazada dos 13 aos 16 anos (ambas as idades incluídas) e a segunda engloba a mocidade a partir dos 17 anos.

Na categoría dos 13 aos 16 anos participan trece tiktoks de nove candidaturas, catro delas presentadas en grupo. O 56% das persoas ou grupos que optan aos premios do certame nesta categoría son do concello de Ames. Ademais, a meirande parte dos vídeos presentados son de rapazas, un 85%.

Na categoría a partir dos 17 anos, a participación é lixeiramente menor pero con máis diversidade na orixe municipal das persoas candidatas. Son oito as persoas inscritas e tamén oito os tiktoks, presentados todos de maneira individual. Só unha das oito candidaturas é de orixe amesá, e de novo, as “galetiktokers” dominan, xa que sete dos oito vídeos levan firma feminina.

A temática das pezas é variada, mais a lingua e a cultura galega destacan como foco principal dos tiktoks das participantes. Os vídeos inclúen referencias á música, ao deporte, á sociolingüística ou mesmo a estereotipos do galego, mais tamén hai tiktoks de carácter humorístico ou de bailes.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Abren el plazo para que el público escoja a los mejores ‘Galetiktokers’"

Abren as votacións para o II Certame Galetiktokers

Multimedia

  • Abren as votacións para o II Certame Galetiktokers