Solapas principales

Aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía

Jueves, 11 de junio de 2026

O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou para o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.

Dende o departamento de Turismo infórmase de que está aberto o prazo para inscribirse na visita que se vai facer en Ames aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Neste caso visitarase o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, para coñecer a vinculación de Rosalía e da súa familia paterna con este lugar. Esta actividade, que se vai realizar o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas, estará teatralizada polos Quinquilláns.

Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro xoves 18 de xuño.

Programa de visita aos Lugares Rosalianos
O programa de visita aos Lugares Rosalianos dispón de tres actividades máis. A primeira xa se realizou o pasado 23 de maio cunha visita á Casa de Rosalía, en Padrón. 

Para o 3 de xullo, ás 18.00 horas, está prevista a visita á igrexa de Bastavales. Neste caso as inscricións hai que facelas enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodebrion.gal.

Por último, o 4 de setembro, ás 20.00 horas, visitaranse As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro). As persoas que estean interesadas en participar teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@dodro.gal

As inscrición para todas as visitas son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía

Multimedia

  • Aberto o prazo para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía