Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto nas piscinas descubertas municipais

Lunes, 06 de julio de 2026

Desde o día 6 ata o 19 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da nova app Deportes Concello de Ames.

Co inicio do mes de xullo comezaron os cursos de natación, que se imparten nas piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Os rapaces e rapazas que queiran participar nas clases do mes de agosto están a tempo de inscribirse, xa que o prazo para anotarse vai desde o 6 ata o 19 de xullo. Os cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manteñen os mesmos horarios. Ás 11:30h comezan os rapaces e as rapazas que superan os 9 anos de idade, mentres que ás 12:15h é a quenda dos/as nenos/as de 6 a 8 anos. A continuación, ás 13:00h, entra na piscina a rapazada de 3 a 5 anos, que son os últimos en mergullarse na auga.

Trámites de inscrición e prezos dos cursos
As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da nova app Deportes Concello de Ames. No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto nas piscinas descubertas municipais

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto nas piscinas descubertas municipais