Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro para adultos "Como contar contos"

Sábado, 03 de octubre de 2020

O programa de “Animación á lectura” das Bibliotecas municipais conta este ano con actividades para adultos como novidade. A primeira actividade é "Como contar contos", un obradoiro formativo impartido por Pedro Brandariz, que se realizará o sábado 17 de outubro, ás 11.00 horas, na biblioteca do Milladoiro. O prazo de inscrición xa esta aberto e, par obter unha das 9 prazas ofertadas, débese chamar ao teléfono 981 530 807 ou enviar un email a biblioteca@concellodeames.gal

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, presentou a semana pasada a nova programación de "Animación á lectura", que se desenvolverá durante o último trimestre de 2020.

Coma novidade deste curso, ofértanse catro actividades dirixidas a adultos. A primeira delas é a impartida por Pedro Brandariz, chamada "Como contar un conto", o sábado 17 de outubro na biblioteca do Milladoiro. Trátase dun obradoiro formativo en narración oral a través de dinámicas e exercicios nos que, a/os participantes, aprenderán as técnicas básicas da narración oral.

O prazo de inscrición xa esta aberto e, par obter unha das 9 prazas ofertadas, débese chamar ao número de teléfono 981 530 807 ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

As actividades para adultos continuarán durante o trimestre. A seguinte será, organizada por Dani Blanco, un contacontos chamado “Pequenas historias subversivas”. Terá lugar na biblioteca de Bertamiráns, o venres 30 de outubro, ás 20.00 horas. Poderase anotar nesta actividade entres os días 13 e 27 de outubro.

En novembro, Vero Rilo estará narrando “Arrolando as frores”, o venres 6, ás 20.00 horas, na biblioteca do Milladoiro. A inscrición poderase tramitar do 26 de outubro ata o 3 de novembro. A seguinte actividade do mes de novembro será un obradoiro, “Os contos a debate”, na biblioteca de Bertamiráns. As inscricións estarán abertas dende o 16 ao 24 de novembro.

En decembro pecharase a programación, o venres 11, con “Vértice de versos”. Trátase dunha exposición documental e un coloquio a cargo de Carlos Lorenzo. Ademais, Emma Pedreira levará a cabo un recital. Esta actividade, con 40 pazas, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 30 de novembro ata o 7 de decembro.

Novas relaciomnadas:

El Correo Gallego:  "Ames ensina ós adultos a contar contos"

Cartel do obradoiro para adultos "Como contar contos"

Multimedia

  • Cartel do obradoiro para adultos "Como contar contos"