Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo Pan de Broa de Cris de Caldas e Miguel Froján

Jueves, 24 de septiembre de 2026

O programa Apego continúa a súa programación habitual para as crianzas amesás durante os últimos meses do ano. Desta volta, organízase a actividade familiar, Pan de Broa, de Cris de Caldas e Miguel Froján. Trátase dun espectáculo que combina narración oral con música en directo, obxectos e moita emoción e que nos lembra que os contos, coma o pan, alimentan o corpo. Esta actividade, que é de balde, celebrarase o venres 2 de outubro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, xoves 24 de setembro, ata o vindeiro día 1 de outubro.

O proxecto Apego continúa coa programación prevista para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Nesta ocasión, organízase a actividade Pan de Broa, de Cris de Caldas e Miguel Froján, un espectáculo que combina narración oral con música en directo, obxectos e moita emoción e que nos lembra que os contos, coma o pan, alimentan o corpo.

Narración oral con música en directo, obxectos e moita emoción que nos lembra que os contos, coma o pan, alimentan o corpo. Pan de Broa é unha homenaxe aos ditos, cancións e contos que acompañan a infancia e permanecen na memoria das familias. Un espectáculo-obradoiro cheo de petiscos poéticos e divertidos que alimentan tanto coma o mellor pan.

A actividade, de balde, para familias con crianzas de 0 a 6 anos, será o venres, 2 de outubro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, día 24, ata o vindeiro xoves 1 de outubro e, para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo Pan de Broa de Cris de Caldas e Miguel Froján

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo Pan de Broa de Cris de Caldas e Miguel Froján