Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música de Ames

Sábado, 17 de octubre de 2020

A Escola Municipal de Música de Ames abre, dende o 15 ata o 23 de outubro, o prazo de inscrición, para novos alumnos/as do curso 2020/2021.  A solicitude deberase facer a través da web do Concello. As prazas adxudicaranse por sorteo o martes 27 de outubro ás 10.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

As prazas para anotarse na Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, outorgaranse a través dun sorteo,  Para poder participar é necesario cubrir a ficha de inscrición que está na páxina web do Concello e entregala, xunto coa documentación solicitada, na sede electrónica do Concello ou presencialmente. Para facelo deste xeito é preciso solicitar cita previa premendo nesta ligazón . No caso de non obter praza, quedarase en lista de reserva.

Despois do sorteo, os alumnos terán ata o día 30 de outubro para confirmar a praza pagando o importe da matrícula. Unha vez feito o abono, deberán entregar o xustificante do pagamento por correo-e a esscolademusica@concellodeames.gal.

Durante o curso 2020/2021, na EMMA impartiranse clases de música e movemento os luns e mércores. O horario será de 16.30 a 17.30 horas para os nados en 2014 (6 prazas), de 17.30 a 18.30, nados no 2015 ( 1 praza)  e de 18.30 a 19.30 para aqueles/as neno/as que naceran no 2016. Neste último horario ofértanse 10 prazas.

As prazas dispoñibles,de instrumento, nas que se poderá pre-inscribir calquera persoa de 7 anos en diante son: batería (na que hai 4 prazas ofertadas), guitarra e baixo (10 prazas),  frauta traveseira ( 3 prazas) violin,(2 prazas), saxofón (2 prazas) e canto moderno (1 praza).

Para piano non hai prazas dispoñibles pero poderase solicitar para quedar en lista de agarda, por si houbese baixas durante este curso.

As prazas dispoñibles en linguaxe musical e música para adultos serán cubertas principalmente con persoas que cursen especialidade instrumental ou vocal.  Cando haxa alumnado que solicite só linguaxe musical poderá acceder sempre que queden prazas dispoñibles. Os horarios desta materia os poñerá a profesora  tendo en conta a idade e os coñecementos dos alumnos/as.

Está previsto que estes alumnos/as novos comencen a clase a semana do 2 de novembro.  As clases impartiranse, seguindo o calendario escolar,  no Edificio Multiusos de Aldea Nova.

Para máis información, chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo á dirección de email escolademusica@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Aberto o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música de Ames"

Escola Municipal de Música