Solapas principales

Aberto do 16 ao 28 de xuño o prazo para renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames

Jueves, 16 de junio de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o prazo do 16 ao 28 de xuño, para que as persoas inscritas no curso anterior poidan renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames. Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 4 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no  Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames puxo en funcionamento en 2021 a Escola municipal de teatro. Segundo a concelleira de Cultura, Natividade González, “a través da Escola de teatro preténdese ofrecer unha alternativa que faga accesible o ocio socializador mediante a prevención, a inserción e a asistencia e participación. Inténtase favorecer o desenvolvemento integral das persoas, facendo especial fincapé na convivencia e integración na dinámica do noso concello”.

Hoxe, xoves 16 de xuño, abre o prazo para que as persoas inscritas no curso anterior poidan renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames. Dito prazo estará aberto ata o 28 e xuño. Para renovar praza haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no  Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa.

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. Outra opción é facelo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono  981 884 896. De non facer efectivo o pagamento nos prazos establecidos, tramitarase a baixa inmediata no servizo. O día 1 de xullo publicarase unha listaxe coas prazas libres.

Inscrición en grupos con prazas libres
Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 4 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no  Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada  a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento seguindo o mesmo procedemento que se indica anteriormente, no primeiro prazo de inscrición. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Inscricións ao longo do curso
No suposto de inscricións que se formalicen unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

As baixas deberanse tramitar por escrito e poderá devolverse a cota correspondente en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes consecutivo e non xustifica por escrito a dita ausencia, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

As clases comezarán o 20 de setembro en Bertamiráns e o 21 de setembro no Milladoiro e rematarán a última semana de xuño de 2023. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Para dispor de máis información pódese chamara ao números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Aberto do 16 ao 28 de xuño o prazo para renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames

Multimedia

  • Aberto do 16 ao 28 de xuño o prazo para renovar praza na Escola municipal de teatro de Ames