Solapas principales

53 persoas participaron na andaina saudable que discorreu polo último tramo do Camiño Portugués

Lunes, 09 de septiembre de 2019

Este pasado venres, 6 de setembro, as Concellarías de Sanidade e Turismo do Concello de Ames organizaron unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués. Nesta actividade participaron 53 persoas que saíron dende a Casa da Cultura do Milladoiro e remataron na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Unha vez rematada a andaina realizouse unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro. A esta actividade sumáronse varias persoas que se atopaban nese momento na praza do Obradoiro.

O Concello de Ames organizou o pasado venres, 6 de setembro, pola tarde, unha nova andaina saudable. Nesta ocasión discorreu polo último tramo do Camiño Portugués. As 53 persoas inscritas saíron ás 18.00h dende a Casa da Cultura do Milladoiro e chegaron arredor das 19.30 á praza do Obradoiro. Durante a ruta, que tivo unha duración aproximada de dúas horas unha guía acompañou aos/ás participantes, que puideron participar de xogos para experimentar "o compartir" e a colaboración entre viaxeiros/as. Unha vez rematada a andaina, de 20.30 a 21:00 horas, realizouse unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro.

Os/as participantes nesta andaina percorreron a última parte do Camiño Portugués, que tras pasar polo Pazo do Faramello, Rúa de Francos e As Galanas, no concello de Teo, atravesa logo a parroquia amesá de Santa María de Biduído. Despois de discorrer por unha zona montesía, sobarda o alto da Grela e descende cara O Milladoiro. A última milla do Camiño Portugués discorre pola rúa do Porto, o monte de Agro dos Monteiros, desde onde se ven as torres da Catedral e baixa cara á Rocha Vella en terras de Compostela.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, explica que “esta andaina tivo unha gran acollida entre a veciñanza amesá, xa que ofertábanse 50 prazas e finalmente participaron 53 persoas, para intentar dar cabida a todos/as os/as interesados/as na actividade. O programa SaúdeAndo está funcionando moi ben. Esta foi a terceira andaina saudable despois das feitas polo rego da Andoriña e pola ruta do Tambre. Ademais, a estas andainas hai que sumar o programa de andainas que parten dos centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro, que se volveu a poñer en marcha a semana pasada despois do paro dos meses de xullo e agosto”.

Luísa Feijóo engade “queremos animar aos veciños e veciñas a práctica de exercicio físico. Camiñar é algo que todos/as podemos facer independentemente da nosa idade e condición física. É bo para o corpo e para a mente, reduce o risco de enfermidades crónicas, mellora a densidade mineral ósea e protexe contra o deterioro cognitivo; tamén mellora a autoestima e a calidade de vida, mellora a capacidade de alerta e concentración, reduce a ansiedade, contribúe a aumentar a autonomía persoal e a interacción social”.

Programa SaúdeAndo
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa SaúdeAndo, a través do cal tamén se organizaron as andainas polo Rego da Andoriña en maio e pola ruta do Tambre no mes de xullo, así como as rutas urbanas con saída e chegada dende os centros de saúde de Bertamiráns e O Milladoiro que se desenvolven de marzo a decembro. O obxectivo desta actividade é animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.

 53 persoas participaron na andaina saudable que discorreu polo último tramo do Camiño Portugués

Multimedia

  •  53 persoas participaron na andaina saudable que discorreu polo último tramo do Camiño Portugués
  •  53 persoas participaron na andaina saudable que discorreu polo último tramo do Camiño Portugués
  •  53 persoas participaron na andaina saudable que discorreu polo último tramo do Camiño Portugués
  • Unha vez rematada a andaina realizouse unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro
  • Unha vez rematada a andaina realizouse unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro