Solapas principales

50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza

Lunes, 17 de julio de 2023

Do 3 ao 14 de xullo desenvolveuse a primeira das quendas do campamento urbano que organiza a Aula da Natureza do Concello de Ames. Unha vez máis, completáronse as 25 prazas ofertadas, e tivo que elaborarse unha lista de agarda con cativada que non resultou escollida por sorteo para participar. Os rapaces e rapazas que gozaron desta quenda participaron en diversos obradoiros de eido ambiental e en saídas para descubrir as posibilidades que ofrece a natureza. Así mesmo, organizáronse diversas xornadas lúdicas realizando visitas dentro e fóra do concello. Este luns, 17 de xullo, comeza a segunda quenda do campamento urbano con outros 25 participantes. As actividades impartiranse ata o venres 28 de xullo.

O pasado venres, 14 de xullo, rematou a primeira das quendas do campamento urbano que ofrece a Aula da Natureza do Concello de Ames. A proposta contou cun total de 25 rapaces e rapazas participantes, que gozaron de distintas actividades que se veñen programando dende as últimas edicións do campamento e doutras novidades que se ofrecen nesta ocasión por primeira vez.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, e maila técnica municipal responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, visitaron o pasado venres, 14 de xullo, aos rapaces e rapazas que participaron na primeira quenda do campamento urbano.

A cativada gozou de talleres dentro do propio local da Aula da Natureza, así como de actividades ao aire libre para aprender e desfrutar do medio ambiente. En primeiro lugar, visitaron, xunto aos seus monitores e monitoras, unha exposición sobre minerais no Palacio de Fonseca, onde descubriron a gran variedade de recursos naturais que existen.

Por outra banda, os nenos e nenas realizaron tamén unha andaina dende Augapesada ata A Ponte Maceira. Alí, coñeceron a Batalla de Altamira e leron o poema “A probiña, que está xorda!”, de Rosalía de Castro. Remataron a xornada comendo en Tapia e bañándose no río.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, destaca “a boa acollida que ten este campamento urbano entre a rapazada amesá. Tratase dunha actividade que lle permite aos pais e nais conciliar a súa vida laboral familiar e laboral, e ao mesmo tempo, aos rapaces e rapazas permítelles participar en actividades ao aire libre para aprender e desfrutar do medio ambiente”.

Nas instalacións da Aula da Natureza aprenderon a crear o seu propio refuxio, empregando unicamente materiais naturais e corda, que debían conseguir realizando diversas probas. Tamén tiveron a oportunidade de aprender sobre a orientación na noite cun obradoiro. Tras proxectarlles o ceo de verán, os monitores e monitoras contáronlles varias historias mitolóxicas, disfrazados de Casiopea, Taurus, Orión, Cetus... De xeito que os nenos e nenas aprenderon dunha forma lúdica e divertida a orientarse.

A orientación foi tamén un eixe fundamental do taller sobre faros do que puideron gozar. A rapazada aprendeu cales son os faros máis antigos de Galicia, así como que sinais emiten algúns dos máis representativos: os da illa de Ons, as illas Cíes, Cabo Silleiro, Cabo Vilán...

Así mesmo, realizáronse outros xogos que se intercalaron coas actividades; xincanas, olimpíadas... Trátase dunha proposta integral que combina técnicas de campamentos de pernocta, de xeito que os nenos e nenas se involucren, creando dinámicas participativas.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, e maila técnica municipal responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, visitaron o pasado venres, 14 de xullo, aos rapaces e rapazas que participaron na primeira quenda do campamento urbano

Multimedia

  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza
  • 50 nenos e nenas participan no campamento urbano da Aula da Natureza