Solapas principales

42 vídeos participan no Enreguéifate 2021

Jueves, 03 de junio de 2021

O pasado 28 de maio rematou o prazo de inscricións para o certame Enreguéifate. De 42 vídeos presentados, 4 deles chegaban dende Ames. Chegaban tamén dende Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Todas as regueifas está dispoñibles na súa páxina web e na canle de Youtube. Os vídeos premiados desta edición anunciaranse antes do 22 de xuño a través das redes sociais do Enreguéifate.

Malia continuar nun ano golpeado pola pandemia e as restricións pertinentes, presentáronse un total de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia.

Neste momento comeza a fase de votación do xurado que nesta ocasión está composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira). Como cada ano, escollerán as regueifas gañadoras de seis premios en cada unha das categorías: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Os vídeos premiados desta edición anunciaranse antes do 22 de xuño a través das redes sociais do Enreguéifate.

Enreguéifate

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado e, nesta edición especialmente, o fornecementos de diferentes recursos audiovisuais que calquera pode atopar na web do certame e na súa canle de Youtube.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Regueifeiros de A Maía cantarán las cuarenta por el podio gallego"

Enreguéifate 2021