Solapas principales

40 mozos e mozas amesáns participaron na actividade “Finde na neve” que tivo lugar na estación de esquí de Leitariegos

Lunes, 13 de marzo de 2023

A Concellaría de Xuventude organizou esta fin de semana a actividade “Finde na neve”, unha viaxe á estación invernal de Leitariegos, situada na comarca do Val de Laciana, en León, na que 40 mozos e mozas amesáns gozaron de dúas xornadas de esquí e natureza. A excursión incluíu o desprazamento en autobús, aloxamento e pensión completa e o acceso ás pistas e ao material de esquí, así como clases impartidas por un equipo de monitores. Na saída participaron persoas de entre 15 e 28 anos.

O grupo saíu de Ames arredor das 16:00 horas, e chegou ao Val de Laciana cara ao final do día. Tras cear e recoller o material de esquí, os participantes da excursión tiveron a oportunidade de realizar unha saída pola vila.

Tras unha noite de descanso, as actividades deron comezo ás 8:00 horas do sábado. Os mozos e mozas gozaron de dúas horas de clases de esquí, e posteriormente puideron realizar a actividade por libre. Pola tarde, os excursionistas coñeceron Villablino, o núcleo principal da comarca, cualificada como Reserva da Biosfera dende o ano 2003. Alí realizaron unha xincana xunto aos seus monitores.

Xa na mañá do domingo 12, a rapazada volveu participar nunha nova sesión formativa de esquí, así como de máis tempo libre nas pistas de Leitariegos, antes de entregar o material e subir ao autobús para poñer fin á viaxe de tres días. O grupo regresou a Ames arredor das 20:00 horas.

Na fin de semana nas pistas da estación invernal participaron 40 mozos e mozas, que formaron un grupo diverso, con idades entre os 15 e os 28 anos, aproximadamente. A Concellería de Xuventude, que puxo en marcha un ano máis esta iniciativa, buscou fomentar as relacións persoais entre os rapaces e rapazas do concello apostando polo ocio saudable, o deporte e o contacto coa natureza.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Corenta rapaces amesáns sumáronse á 'Finde na neve' na estación de Leitariegos"

Foto grupal dos participantes na fin de semana de esquí en Leitariegos

Multimedia

  • 40 mozos e mozas amesáns participaron na actividade “Finde na neve” que tivo lugar na estación de esquí de Leitariegos
  • 40 mozos e mozas amesáns participaron na actividade “Finde na neve” que tivo lugar na estación de esquí de Leitariegos
  • 40 mozos e mozas amesáns participaron na actividade “Finde na neve” que tivo lugar na estación de esquí de Leitariegos