Solapas principales

36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos

Martes, 22 de febrero de 2022

A Concellaría de Mocidade organizou esta fin de semana unha viaxe á estación de invernal de Leitariegos, situada na comarca do Val de Laciana, en León, na que 36 mozos e mozas puideron desfrutar do deporte e da natureza. A excursión, financiada parcialmente pola Concellaría, incluíu desprazamento en autobús, aloxamento e pensión completa, así como acceso ás pistas de esquí, a material e a clases, acompañados por un equipo de monitores. Na saída participaron persoas dos 15 aos 30 anos.

A expedición chegou ao Val de Laciana cara ao final do venres 18, despois dunha viaxe en autobús dende Ames. Tras unha noite de descanso, as participantes comezaron as actividades na mesma mañá de sábado, con varias clases de esquí e de snowboard que deron paso a unhas horas de esquí libre. Pola tarde, os excursionistas puideron coñecer a vila de Villablino, o núcleo principal dunha comarca cualificada como Reserva da Biosfera dende o ano 2003.

Xa na mañá do domingo 20, as mozas e mozos amesás gozaron dunha nova sesión formativa de esquí, así como de máis tempo libre nas pistas de Leitariegos, antes de ter que recoller e subir ao autobús para poñer fin a esta viaxe de tres días.

Na fin de semana en Leitariegos participaron uns 36 mozos e mozas, que formaron un grupo diverso, con idades dos 15 aos 30 anos. Mocidade, que financiou parcialmente a excursión, buscaba deste xeito fomentar as relacións interpersoais entre a xente moza do concello, creando experiencias comúns á vez que se apostase polo ocio saudable, o deporte e o contacto coa natureza.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, explicou que “estamos moi satisfeitas da boa acollida que tivo a actividade, agardamos que fora do seu agrado. Seguiremos traballando para ofrecerlle á mocidade amesá alternativas de ocio saudables que sexan do seu interese”.

O Trouleando volve este sábado 26 cunha tarde de paintball

Neste senso, as actividades continuarán este fin de semana co Trouleando de febreiro, que neste mes propón unha tarde de paintball. A proposta, que terá lugar o sábado 26, desenvolverase no campo de paintball do Eo dos Menecos, situado en Oza, Teo. As inscricións xa están pechadas para esta proposta, na que se combinará traballo en equipo con exercicio, estratexia e contacto coa natureza.

A OMIX recorda que o servizo de autobuses partirá en Bertamiráns do Pazo da Peregrina, ás 15:00 horas, e volverá ás 19:45 horas. Pola súa banda, os horarios de ida e volta dende a Casa da Cultura do Milladoiro serán as 15:15 e as 19:30 horas.

36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos

Multimedia

  • 36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos
  • 36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos
  • 36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos
  • 36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos
  • 36 mozas e mozos amesás gozan dunha fin de semana de esquí e neve en Leitariegos