Solapas principales

32 persoas reciben o diploma que acredita a formación necesaria para dispor do informe favorable de esforzo de integración

Sábado, 25 de octubre de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organizou un curso de esforzo de integración dirixido principalmente a persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación. A formación impartiuse do 20 de setembro ao 18 de outubro en cinco sesións de oito horas cada unha. En total foron 40 horas de formación para obter o certificado que acredita que teñen reciba a formación necesaria que se lles esixe para dispor do informe favorable de esforzo e integración expedido pola administración competente nesta materia. Este informe é preceptivo en determinados casos de regularización de persoas inmigrantes (arraigo social, arraigo socio-formativo, etc.).

Un grupo de 32 persoas recibiron o diploma que acredita a formación necesaria para dispor do informe favorable de esforzo de integración. O curso impartiuse os sábados 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ao acto de entrega de diplomas asistiu persoal municipal e maila concelleira de Benestar Social, Uxía García.  

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “este curso estivo dirixido a persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación. O certificado que recibiron acredita que teñen a formación necesaria que se lles esixe para dispor do informe favorable de esforzo e integración expedido pola administración competente nesta materia”.

Esta formación serve para conseguir a acreditación “Informe de esforzo de integración”, da Xunta de Galicia, válida para o arraigo social e arraigo socio-formativo. Tamén é de utilidade de cara á proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España (CCSE), é dicir, o exame de obtención da nacionalidade española; se ben preparalo non é a súa finalidade, senón adquirir certos coñecementos do sistema xurídico e a realidade da sociedade española que lles poden ser de utilidade ás persoas que se queiran presentar. 

O curso está destinado á formación en materias como os valores constitucionais, estatuto de autonomía, valores da UE, democracia, tolerancia, dereitos humanos e liberdades fundamentais, igualdade, linguas oficiais, etc. necesarias para obter un informe de esforzo de integración favorable. Os destinatarios foron principalmente aquelas persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Integración en Ames"

Diario de Santiago: "32 persoas reciben o diploma que acredita a formación necesaria para dispor do informe favorable de esforzo de integración, en Ames"

32 persoas reciben o diploma que acredita a formación necesaria para dispor do informe favorable de esforzo de integración