Solapas principales

29 nenas e nenos amesás levan as súas propostas ao primeiro foro de participación infantil

Viernes, 04 de febrero de 2022

Este pasado luns 31 de xaneiro, vinte e nove rapaces e rapazas dos centros escolares de Ventín, Agro do Muíño, Barouta e A Maía reuníronse por primeira vez no foro de participación infantil de Ames. Tratouse dunha xuntanza previa á celebración do Consello Sectorial de Nenas e Nenos, na que se propuxeron ideas e actividades para debater no seu próximo pleno, que terá lugar o mércores 16 de febreiro.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira edición deste foro participativo na tarde do luns, no que vinte e nove nenos e nenas tiveron a oportunidade de traballar en grupo para propoñer e debater diferentes ideas, propostas e actividades. Na xuntanza acompañaron á rapazada a concelleira de Benestar Social, Luisa Feijóo; o coordinador de Voluntariado e secretario do consello sectorial, Rubén Ramos, e a educadora familiar Soraya Añón.

Os nenos e nenas participantes, dos centros escolares de Ventín, Agro do Muíño, Barouta e A Maía, realizaron unhas doce propostas, nas que tocaron temas como a limpeza dos ríos, excursións, planta de árbores ou mesmo o catálogo das bibliotecas. “Sorprendeunos gratamente a calidade e a madurez das súas propostas, así como o seu espírito participativo e democrático”, sinalou a concelleira Luisa Feijóo.

Finalmente, dous deses proxectos levaranse ao próximo pleno do Consello Sectorial de Nenas e Nenos, que se celebrará o próximo mércores 16 de febreiro, no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Todas as ideas e iniciativas levadas ao foro foron previamente tratadas nos respectivos centros escolares das participantes, que acudiron en representación dos seus compañeiros e compañeiras de aulas.

Consello Sectorial de Nenas e Nenos

O Consello Sectorial de Nenas e Nenos foi constituído o 23 de novembro do pasado ano, despois de que tanto a súa creación como o seu regulamento foran aprobados por unanimidade nos plenos ordinarios de setembro e outubro de 2021.

Uns 44 nenos e nenas, suxeridos polos seus centros educativos, asistiron á primeira xuntanza do órgano de participación, no que se lles deu a coñecer o regulamento do Consello, así como os seus obxectivos e as funcións dos Vogais. Daquela, os asistentes propuxeron unha campaña de limpeza dos montes e outra de sensibilización e tenencia responsable de animais de compañía.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Surgen las primeras propuestas del foro de participación infantil de Ames"

La Voz de Galicia: "Propuestas de los niños de Ames"

El Correo Gallego: "Medio ambiente e cultura, ao consello dos nenos o 16"

29 nenas e nenos amesás levan as súas propostas ao primeiro foro de participación infantil

Multimedia

  • 29 nenas e nenos amesás levan as súas propostas ao primeiro foro de participación infantil