Solapas principales

110 nenos/as das Escolas deportivas de baloncesto e integrantes do club Basquet Ames asisten a un partido do Monbus Obradoiro

Miércoles, 24 de mayo de 2023

Un grupo de 110 rapaces e rapazas que practican dende comezo de curso a modalidade de baloncesto dentro das Escolas deportivas municipais e no club Basquet Ames, acudiron este martes ao Multiusos Fontes do Sar para ver o último partido da liga Endesa que enfrontou ao Monbus Obradoiro contra o Carplus Fuenlabrada. O conxunto obradoirista dominou o partido desde o inicio e impúxose por 102-72. Esta actividade enmárcase dentro do acordo subscrito no pasado mes de agosto entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial, que compite na liga EBA, se denomine Obradoiro Ames e dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

110 rapaces e rapazas puideron gozar vendo o encontro do Monbus Obradoiro contra o Carplus Fuenlabrada, correspondente á xornada 34 da Liga Endesa disputado no Multiusos Fontes do Sar. A rapazada amesá foi invitada a ver dito partido grazas ao acordo subscrito entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial, que compite na liga EBA, se denomine Obradoiro Ames e disputase ao longo desta tempada os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

Ademais, dentro de dito acordo, incluíuse o adestramento que o pasado 18 de maio realizaron os xogadores e mailo equipo técnico do Monbus Obradoiro no pavillón polideportivo do Milladoiro. Deste xeito, o equipo obradoirista ofreceu unha parte da xornada de adestramento aberta ao público á que acudiron xogadores do AD Básquet Ames, así como todos aqueles veciños do concello de Ames que non se quixeron perder vivir esta experiencia no pavillón municipal. Ao final do adestramento puideron facer fotos cos xogadores e pedirlles autógrafos.

Outro dos beneficios deste acordo é que toda a veciñanza de Ames goza dun 10% de desconto, acumulábel a calquera outro desconto existente, nos abonos do Monbus Obradoiro para ver os partidos da liga ACB, dende a sinatura do convenio. Ademais, o Concello de Ames goza de publicidade na U Televisiva nos previos dos partidos do equipo ACB no Multiusos Fontes do Sar e o Concello de Ames ten o seu logotipo corporativo na páxina web do club, que enlaza coa páxina web oficial do Concello.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Máis dun cento de participantes nas Escolas deportivas de baloncesto e integrantes do club Basquet Ames asisten a un partido do Monbus Obradoiro"

110 nenos/as das Escolas deportivas de baloncesto e integrantes do club Basquet Ames asisten a un partido do Monbus Obradoiro

Multimedia

  • 110 nenos/as das Escolas deportivas de baloncesto e integrantes do club Basquet Ames asisten a un partido do Monbus Obradoiro