Solapas principales

107 nenos e nenas amesáns participan no programa de conciliación Setembro Lúdico

Jueves, 02 de septiembre de 2021

O Concello de Ames a través da concellería de Educación pon en marcha un ano máis o servizo de conciliación Setembro Lúdico. Este servizo ten como obxectivo fomentar a conciliación das familias amesás ata o inicio do curso escolar. Son 107 os nenos e nenas que se adheriron a esta campaña que vai traballar a idea da inclusión das persoas con diversidade funcional.

A Concellaría de Educación de Ames pon en marcha do 1 ao 8 de setembro o programa de conciliación Setembro Lúdico. Ao longo desta semana, 107 nenos e nenas participan no programa, 55 deles no CEIP da Maía, de Bertamiráns, 27 no EEI Milladoiro e 25 no CEIP de Ventín. Esta iniciativa ofrece un amplo abano de actividades educativas e culturais pensadas para os cativos/as de aquelas familias que precisan conciliar a súa vida familiar e laboral.

O horario das actividades irá das 9.00h ás 14.30 horas. Con todo, o Setembro Lúdico permite que as familias inscriban ás crianzas en función das súas necesidades de conciliación, ofertando tamén un servizo de almorzo, que comeza ás 7.30 horas, e outro de xantar ata as 16.00 horas.

Segundo o concelleiro de Educación, David Santomil, esta nova edición do Setembro Lúdico recupera inscricións "afrontamos unha nova edición do programa Setembro Lúdico cumprindo con todas as medidas de prevención e seguridade fronte á COVID. Así mesmo, o número de alumnado inscrito xa comeza a recuperar o volume anterior á pandemia, acollendo a máis dun cento de nenos e nenas en tres centros escolares públicos".

Esta edición do Setembro Lúdico ten como obxectivo traballar a inclusión das persoas con diversidade funcional a través dunha visión positiva baseada nos principios de equidade, cooperación e solidariedade. Para conseguilo os nenos e nenas recibirán a visita de dúas persoas en representación da Axencia de Control da Accesibilidade. Estes axentes pertencen á unha organización que loita contra duns seres chamados “normalizadores” que pretenden transformar o mundo nun lugar máis aburrido e ausente de variedade e diferentes puntos de vista. O obxectivo destes axentes será o de realizar unha serie de probas na busca daquelas cousas que fai diferente e especial aos nenos e nenas do programa.

Os cativos e as cativas imaxinarán como é o día a día dunha persoa con diversidade funcional ou as barreiras ás que debería enfrontarse a diario para despois inventar posibles solucións. Ademais, analizaranse xogos populares como as agachadas ou a pita cega para adaptalos ás diferentes necesidades e convertelos en xogos máis inclusivos. Finalizarase a proposta cun gran xogo en que os nenos e nenas deberán superar retos cos ollos vendados, descifrar mensaxes en braille, pintar coa boca, subir ramplas cunha soa perna, etc; toda unha xincana para conseguir o seu carné de Axente de Control da Accesibilidade.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "O Setembro Lúdico permite conciliar ás familias de 107 nenas e nenos de Ames"

Setembro Lúdico

Multimedia

  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico
  • Setembro Lúdico