Solapas principales

104 alumnos/as do IES de Bertamiráns e do Milladoiro participan na xornada de formación do IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua”

Jueves, 24 de octubre de 2019

Os participantes do IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua” asistiron hoxe pola mañá a unha xornada de formación conxunta. A xornada desenvolveuse de 11.00 a 13.00 horas da mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, e nela participaron 104 alumnos de ESO do IES do Milladoiro e do IES de Ames (Bertamiráns), cun incremento de participantes con respecto a outros anos. Este ano presentáronse 33 grupos (8 grupos do IES Milladoiro e 25 grupos do IES de Ames).

A xornada de formación, organizada polos departamentos de Mocidade, Normalización e Comunicación do Concello de Ames, foi impartida por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, compoñentes de Ibuprofeno Teatro. O alumnado, recibido no auditorio, foi dividido en dous grupos, un que traballou na sala de usos múltiples e outro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

Durante a mañá a xornada contou coa visita de Escarlata Pampín, concelleira de Normalización Lingüística e Mocidade. Esta declarou que “é moi gratificante ver como estas rapazas e rapaces que van dende 1º a 4º da ESO se involucran en este tipo de proxectos nos que ademais, eu, como Concelleira de Normalización estou moi agradecida de que se desenvolvan na nosa lingua e poña en valor a nosa cultura e entidade”. Posteriormente tamén deu ás grazas ás propias rapazas e rapaces que participan, ao profesorado e ao persoal de apoio, e aos técnicos municipais, tanto aos de normalización, como aos de mocidade e comunicación.

Récord de participación
Este ano participaron na xornada de formación 104 alumnos, cun gran incremento de participación con respecto a edicións pasadas. Destes, 23 alumnos son do IES do Milladoiro mentres que 81 o son do IES de Ames. Para traballar, dividíronse en grupos de 2, 3 ou 4 persoas, segundo escolleran os propios alumnos/as. Este ano presentáronse 33 grupos (8 grupos do IES Milladoiro e 25 grupos do IES de Ames).

IX Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames – Desata a Lingua!!
O Concurso Radiofónico de Teatro lido pretende dinamizar dun xeito lúdico e a través da creatividade o uso oral e escrito do galego entre a mocidade amesá. Asemade, fomenta o gusto polo teatro e o achegamento á radio municipal.

Esta formación conxunta tiña como obxectivo introducir ao alumnado participante no mundo do teatro radiofónico. Complementarase coa formación que se levará a cabo nos centros de ensino, do 6 ao 8 de novembro. Posteriormente, na semana do 18 de novembro comezarase coa gravación das pezas, que se emitirán do 2 ao 5 de decembro na radio municipal de Ames (Ames Radio, 107.2 FM).  

A audiencia decidirá do 3 ao 8 de decembro a obra que obtén o premio do público, enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa. Ademais deste, haberá dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e á mellor interpretación.

Os premios para obras finalistas sumarán un total de 600 euros, repartidos en tres premios de 200 euros cada un. Os gañadores daranse a coñecer e recibirán o seu premio nunha gala que terá lugar o 19 de decembro, á que asistirá todo o alumno participante.

Xornada de formación do IX Concurso radiofónico

Multimedia

  • Xornada de formación do IX Concurso radiofónico
  • Xornada de formación do IX Concurso radiofónico
  • Xornada de formación do IX Concurso radiofónico