Solapas principales

10 asociacións difunden a súa labor na III Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames

Sábado, 13 de abril de 2024

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolle ao longo da xornada deste sábado 13 de abril a terceira edición da Feira de Saúde e Ben-Estar, organizada polo Concello de Ames a través da Concellería de Promoción da Saúde. De 11:00 horas a 20:00 horas, un total de 10 asociacións participan neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames participa na Feira da Saúde con dúas exposicións e unha charla sobre o cancro de mama. A temática central desta edición é a menopausia e os seus efectos na vida das mulleres. Pódese acceder á galería de imaxes da feira nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, organiza un ano máis durante o mes de abril unha serie de actividades relacionadas coa saúde e o benestar. Dese xeito, organizouse a terceira edición da Feira da Saúde e Ben-Estar, que se desenvolve en Ames durante toda a xornada deste sábado, 13 de abril, en horario de 11:00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20:00 horas.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “esta Feira da Saúde e Ben-Estar é un evento marca Ames. Gústanos ir sempre máis ala e poñer a persoa no centro das políticas e que vaiamos pola terceira edición é un signo inequívoco de que esta feira funciona”.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “un dos obxectivos deste evento é trasladar á veciñanza todas as actividades e iniciativas que realizan as distintas asociacións que participan na feira. A través desta iniciativa tamén se pretende  darlle visibilidade a todas estas entidades que colaboran connosco neste evento en favor da saúde”.

Programación da III Feira da Saúde e Ben-Estar
Durante a xornada deste sábado, 13 de abril, realízase na praza da Maía de Bertamiráns a terceira edición da Feira da Saúde e Ben-Estar, de 11:00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20:00 horas. Un total de 10 asociacións (AECC, ALCER, ANEDIA, ACEM, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, AL-ANON, CONARTRITES, ASANOG e AEPPNA) dispoñen dun stand para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se achegan ata a praza.

A inauguración da Feira realizouse ás 11.00 horas. De seguido, ás 11:15 horas, comezaron as charlas e faladoiros que se imparten na Casa dos Maiores, situada na praza da Maía. A primeira charla foi ás 11.15 horas. Tratou sobre a “Sexualidade no eido das patoloxías crónicas” e foi impartida por Alfredo Saborido, traballador social e sexólogo de ALCER Coruña.

Ás 12:00 horas realízase un faladoiro sobre menopausia, no que participan Gretel Lichtenstein, médica de familia do centro de saúde do Milladoiro e do PAC de Santiago de Compostela; Ángeles Martínez Ríos, matrona do centro de saúde de Bertamiráns; María Vilariño Ínsua, matrona do centro de saúde de Bertamiráns e Brión; e Olalla Fernandez Seijas, nutricionista co centro de saúde de Bertamiráns e Brión.

O segundo faladoiro impártese ás 17:00 horas, da man da psicóloga xeral sanitaria, terapeuta familiar e sexóloga, Belén Montesa Lou; e da fisioterapeuta do centro de saúde do Milladoiro, Diana Otero Lorenzo. Tamén participa Margely Morales, facultativa especialista de área en Obstetricia y Ginecología del CHUS. A última charla denomínase “Como alcohólicos anónimos traballa na súa comunidade”, ás 19:00 horas, impartida pola asociación Alcohólicos Anónimos.

Obradoiros na carpa da praza da Maía
Por outra banda, tamén hai obradoiros para achegar á veciñanza a labor destas asociacións. Deste xeito, realízanse tres actividades infantís: ás 11:45 horas, ASANOG organiza “O termómetro das emocións; ás 12:45 horas impártese “O xogo dos manteis”, impulsado por AEPPNA; e, ás 18:30 horas, Estíbaliz Grande realiza o obradoiro “Canto azucre teñen os alimentos?”. Así mesmo, tamén hai unha actividade aberta a tódolos públicos: o obradoiro “Ponte no meu lugar”, ás 17:30 horas, organizada pola asociación CONARTRITES.

TaiChi e marcha nórdica
Tamén hai espazo para o deporte. Ás 11:30 horas, impártese unha sesión de TaiChi no parque do Ameneiral, e ás 18:00 horas, unha ruta de marcha nórdica. O punto de encontro para ambas as dúas actividades é a carpa da praza da Maía. O percorrido da ruta de macha nórdica acordouse entre os participantes e maila organización. En ambas actividades non é necesario ter coñecementos previos para participar.

Exposicións e charla da Asociación Española Contra o Cancro
A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Ames participa na Feira da Saúde con dúas exposicións e unha charla sobre o cancro de mama.

Ata o 21 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns estará a exposición “50 anos. Cambiando a historia do cancro”, na que se recollen exemplos dos avances científicos en cancro que nos últimos anos permitiron mellorar a vida dos pacientes. Esta mostra conmemora o cincuenta aniversario do apoio da Asociación Española Contra o Cancro á investigación oncolóxica, e destaca logros como o desenvolvemento de novas estratexias de medicina personalizada para tratar os tumores de cabeza e pescozo, ou o estudo da predición da resposta ás terapias en cancro colorrectal. Algúns destes resultados de investigación expostos foron realizados na provincia da Coruña polos investigadores Dr. Ángel Carracedo e Dra. Kelly Conde.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle tamén ata o 21 de abril outra exposición titulada “A investigación do cancro. Un desafío milenario”. Nela reflíctense os principais fitos desde a prehistoria (de onde datan os primeiros restos de tumores en animais e homínidos) ata o desenvolvemento de novas estratexias de medicina personalizada e inmunoterapia ou de métodos de prevención e detección precoz da enfermidade (como a vacina para o virus de papiloma humano) postos en marcha nas últimas décadas. Ademais, a mostra adéntrase no futuro do cancro e expón os esforzos que realizan os científicos e a Asociación para aumentar as taxas de supervivencia e a calidade de vida dos pacientes.

Ademais, o pasado mércores 10 de abril, ás 19:00 horas, realizouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a charla “Novas abordaxes na investigación do cancro de mama”. Foi impartida pola doutora Clotilde Costa, investigadora do grupo ONCOMET do Instituto de Investigacións de Sanitario de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames difunde buenos hábitos en su Feira da Saúde e Ben-Estar"

El Correo Gallego: "Dez asociacións difunden o seu labor na terceira edición da Feira da Saúde e Ben-Estar en Ames"

Ames Go: "A praza da Maía acolle a Feira da Saúde e o Ben – Estar na que participan 10 asociacións"

La Voz de Galicia: "Alcer Coruña, entre los participantes en la tercera Feira da Saúde e Benestar de Ames"

10 asociacións difunden a súa labor na III Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames

Multimedia

  • 10 asociacións difunden a súa labor na III Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames