Solapas principales

>VI Feira "Tanto Monte"

Domingo, 15 noviembre, 2026

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Celebrarase una nova edición da feira Tanto Monte / Monte Tanto, que nesta ocasión terá lugar os días 14 e 15 de novembro no campo da festa de Trasmonte.

Trátase dun evento co que se busca valorizar e difundir a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego. Deste xeito, ao longo destas días xornadas, haberá diferentes expositores e degustacións dunha gran variedade de produtos que nos ofrece o monte, como o mel, cogomelos, cosmética natural, embutidos, madeiras, la, froitos secos...