- Tematica
-A alcaldesa de Santiago de Compostela comunicouse esta mesma mañá co alcalde de Ames para trasladarlle información sobre a situación. Desde o Concello de Ames agradécese expresamente a prontitude na comunicación e a información facilitada.
-O director de Augas de Galicia e o alcalde de Ames mantiveron unha conversa por teléfono hoxe ás 14.30 horas na que se lle informou ao rexedor municipal sobre a evolución da situación.
-Segundo a información dispoñible neste momento, o vertido atópase lonxe da captación que abastece Ames e Brión e avanza de maneira lenta, polo que non se prevé, polo momento, unha afección inmediata ao abastecemento.
-O Concello de Ames manterá o seguimento da situación e informará á veciñanza de calquera novidade ou indicación oficial que se produza.
-No caso de que fose necesario cortar a captación de Santiago, o abastecemento de Ames estaría garantido mediante as alternativas dispoñibles.
-Incídese na importancia de aplicar medidas de aforro de auga, co obxectivo de evitar o esgotamento dos depósitos no caso de que fose necesario proceder ao corte dalgunha das captacións.




