Pestanas principais

Aviso sobre o vertido de purín rexistrado en Tordoia

Mércores, 16 setembro, 2026
Ante a información relativa ao vertido de purín rexistrado en Tordoia, desde o Concello de Ames considérase oportuno trasladar á veciñanza a seguinte información:

-A alcaldesa de Santiago de Compostela comunicouse esta mesma mañá co alcalde de Ames para trasladarlle información sobre a situación. Desde o Concello de Ames agradécese expresamente a prontitude na comunicación e a información facilitada.

-Polo momento, o Concello de Ames non recibiu información oficial da Xunta de Galicia, nin de Augas de Galicia sobre a evolución da situación ou posibles afeccións ao abastecemento.

-Segundo a información dispoñible neste momento, o vertido atópase lonxe da captación que abastece Ames e Brión e avanza de maneira lenta, polo que non se prevé, polo momento, unha afección inmediata ao abastecemento.

-O Concello de Ames manterá o seguimento da situación e informará á veciñanza de calquera novidade ou indicación oficial que se produza.

-No caso de que fose necesario cortar a captación de Santiago, o abastecemento de Ames estaría garantido mediante as alternativas dispoñibles.

-Incídese na importancia de aplicar medidas de aforro de auga, co obxectivo de evitar o esgotamento dos depósitos no caso de que fose necesario proceder ao corte dalgunha das captacións.