Solapas principales

Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego

Sábado, 05 de septiembre de 2026

A Carballeira de Ventín acolleu este pasado mércores, 2 de setembro, unha nova xornada das Brincadeiras Miúdas, nas que os nenos e nenas xunto coas súas familias, puideron gozar de música, baile, xogos tradicionais e creación de xoguetes. Esta edición das Brincadeiras Miúdas xuntou a arredor de 300 persoas, que gozaron nun concerto de Cé Orquestra Pantasma e participaron en xogos tradicionais, xogo libre e desestruturado e un espazo para a creación libre de xoguetes con materiais naturais.

A programación do Apego do segundo semestre de 2026 abriu o pasado mércores, 2 de setembro, coas Brincadeiras Miúdas na carballeira de Ventín, todo un clásico para as familias amesás. Esta actividade enmárcase no programa Apego que está pensado para favorecer a transmisión da lingua e para achegarlles recursos ás familias para unha crianza en galego, positiva e creativa.

Arredor de 300 persoas pasaron unha tarde chea de música, xogo e divertimento dinamizadas e dirixidas por Cé Orquestra Pantasma, un músico e mestre xogueteiro especializado en animación infantil, no fomento do xogo libre e en achegar as crianzas á natureza con diferentes propostas lúdicas e musicais. Esta actividade ten como obxectivos fomentar a creatividade e a autonomía das crianzas e demostrar que a natureza pode ser a mellor e máis divertida feira xogueteira.

As brincadeiras comezaron cun concerto participativo de Cé Orquestra Pantasma e continuaron con xogos tradicionais, xogo libre e desestruturado e un espazo para a creación libre de xoguetes con materiais naturais. O obxectivo desta xornada foi compartir tempo de lecer e diversión en galego e fomentar o xogo sen instrucións nin sobreestímulos. As crianzas xogaron libremente e ao seu ritmo, adaptándose ás súas propias necesidades e guiándose pola súa propia imaxinación.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego"

Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego

Multimedia

  • Arredor de 300 persoas xúntanse na Carballeira de Ventín para participar nas “Brincadeiras miúdas” do programa Apego