Actualidad

Por ejemplo, 20-07-2026
Por ejemplo, 20-07-2026
Viernes, 14 de diciembre de 2018

[14-12-2018] O Concello de Ames informa que dende o Grupo Naturgy comunican que co fin de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica necesarios para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, vaise a realizar un corte na rede eléctrica o venres, 21 de decembro, de 0.00 a 3.00 horas. Deste xeito, quedarán fora de servizo varias instalacións da Avenida da Maía, en Bertamiráns, da estrada de Lapido e do paraxe do Porto. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso completo.

Jueves, 13 de diciembre de 2018

[13-12-2018] O IV Campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas e mailas Escolas de fútbol sala Trasgos, en colaboración co Concello de Ames, terá lugar os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 10.00h a 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Dirixido a nenas e nenos nados do 2002 ao 2013, o campus contará con servizo de gardería, de 9.00h a 10.00 e de 14.00 a 14.30 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com.

Jueves, 13 de diciembre de 2018

[13-12-2018] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no programa Nadal Lúdico de 2018. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas, que tamén pode ser consultada nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. Tamén se pode descargar información de interese deste programa. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas.

Jueves, 13 de diciembre de 2018

[13-12-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a resolución pola que se aproba a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de dous técnicos de inserción/prospección de empresas para o programa "InserAmes-Brión XI". Fíxase a data de constitución do Tribunal e de baremación para o vindeiro 17 de decembro de 2018. O exame da fase de oposición terá lugar o vindeiro 19 de decembro de 2018. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dita resolución.

Jueves, 13 de diciembre de 2018

[13-12-2018] O goberno municipal acaba de aprobar a licitación da Administración electrónica, por un importe de 177.561 euros, e un período de 4 anos, que será financiado con cargo ao plan Impulsa Ames, financiado a través da segunda convocatoria europea de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI), cofinanciada polo programa europeo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020. Desde o goberno municipal sinálase que dende hai dous anos estase a traballar neste proxecto, que pretende modernizar a Administración, tanto de portas para dentro como cara á cidadanía. O novo contrato ofrecerá, polo menos, un total de 121 funcionalidades electrónicas e formación para o persoal municipal.

Jueves, 13 de diciembre de 2018

[13-12-2018] O Nadal chega á Aula da Natureza este sábado, 15 de decembro, coa realización de dous obradoiros de decoración e un taller de cociña. Pola mañá, nenas e nenos de 6 a 12 anos modelarán un moucho con arxila no edificio da Aula da Natureza, mentres que pola tarde chegaralle a quenda aos adultos, que realizarán varios adornos orientados á decoración dunha mesa de Nadal. Ese mesmo día realizarase un obradoiro sobre a elaboración dun buffet de festa no Pazo da Peregrina.

Jueves, 13 de diciembre de 2018
Ames aposta pola modernización e licita a Administración electrónica

O goberno municipal acaba de aprobar a licitación da Administración electrónica, por un importe de 177.561 euros, e un período de 4 anos, que será financiado con cargo ao plan Impulsa Ames, financiado a través da segunda convocatoria europea de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI), cofinanciada polo programa europeo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020. Desde o goberno municipal sinálase que dende hai dous anos estase a traballar neste proxecto, que pretende modernizar a Administración, tanto de portas para dentro como cara á cidadanía. O novo contrato ofrecerá, polo menos, un total de 121 funcionalidades electrónicas e formación para o persoal municipal.

Miércoles, 12 de diciembre de 2018

[12-12-2018] A partir deste mércores, 12 de decembro, os vehículos pesados con MMA maior a 30 toneladas non poden circular pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Esta medida permitirá desviar uns 250 vehículos pesados ao día cara a autoestrada AG-56. Este pasado domingo pola noite comezaron os traballos de colocación das sinais que prohiben a circulación de ditos vehículos pesados polo centro da localidade do Milladoiro. Hoxe arredor das 12.00 horas fíxose efectiva dita prohibición. Esta actuación realizouse en coordinación coa DXT e coa Garda Civil de Tráfico. A Garda Civil de Tráfico velará polo cumprimento da normativa e están exentos desta prohibición os camións que se dirixan aos polígonos do Milladoiro e do concello de Teo.

Miércoles, 12 de diciembre de 2018

[12-12-2018] O club amesá de fútbol sala feminino FC Meigas conmemorou o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que tivo lugar o 25 de novembro, cun evento no que as xogadoras e o equipo técnico mostraron o seu rexeitamento ás violencias machistas e alertaron sobre o problema que supoñen para a sociedade. Este club deportivo foi un dos 170 axentes que participou na campaña Ames en Negro.

Miércoles, 12 de diciembre de 2018

[12-12-2018] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este xoves 13 e venres 14 de decembro a Bertamiráns. A unidade móbil de doazón estacionará na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar. O Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.