Solapas principales

> XXII Carreira Pedestre Popular

Domingo, 22 octubre, 2023
Ás 10:30 horas

O domingo 22 de outubro, a partir das 10:30 horas, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo segunda edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o mércores 18 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse premendo nesta ligazón e cubrindo o formulario; ou ben acudindo de xeito presencial ao establecemento Deportes Amesport, en Bertamiráns. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Inscricións na proba e retirada de dorsais
Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. As inscricións poderanse facer ata as 23:59 horas do mércores 18 de outubro, a través da páxina web www.emesports.es. Tamén se poderá realizar de xeito presencial no establecemento Deportes Amesport, situado na avenida da Maía, número 83, en Bertamiráns.

As persoas que desexen participar na proba absoluta (de sub20 en diante) terán que aboar unha cota de 7 euros. A inscrición para as categorías escolares (de pitufo a xuvenil) é de balde. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor/a xunto cun dorsal de competición. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (praza do Concello, nº 2, Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado 21 de outubro), en horario de 17:00 a 20:00 horas. Tamén se poderán recoller o propio día, ata media hora antes do inicio da proba.

Premios e trofeos
Os tres primeiros clasificados de cada categoría, así como os tres primeiros da proba absoluta, recibirán un trofeo. No caso da proba absoluta, o trofeo será entregado tamén ás tres primeiras persoas empadroadas no Concello de Ames que chegue á meta e os tres primeiros clubs clasificados.

Haberá tamén premios en metálico. Na proba absoluta o primeiro clasificado será galardoado con 250 euros, o segundo con 200 euros; o terceiro con 100 e o cuarto con 50 euros. Para os clubs federados o primeiro premio será de 250 euros, o segundo de 175 euros; o terceiro de 100 e o cuarto de 75 euros.