Solapas principales

> XVII FestiMax: Obradoiros de maxia

De Sábado, 22 Octubre, 2022 hasta Domingo, 23 Octubre, 2022
ás 11:00 e ás 12:00 horas

A programación do XVII Festival internacional de Maxia de Ames “FestiMax”, está composta por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Outra das actividades que se realizan este ano serán os obradoiros de maxia, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Así, o mago David Maestro impartirá dous talleres de maxia, nas Casas da Cultura do Milladoiro, o sábado 22, e de Bertamiráns, o domingo 23. Formaranse dous grupos de 12 participantes cada un. A primeira sesión farase ás 11:00h e a segunda a continuación ás 12:00 horas. Para participar é necesario inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal. En dito correo hai que poñer o nome, apelidos da persoa que quere participar no obradoiro de maxia e un número de teléfono de contacto.

O XVII Festival internacional de Maxia de Ames, organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. Preme nesta ligazón para descargar o programa do festival de maxia.