Solapas principales

> XVII FestiMax: Gala máxica internacional

De Sábado, 22 Octubre, 2022 hasta Domingo, 23 Octubre, 2022
ás 17:00 e ás 20:00 horas

A programación do XVII Festival internacional de Maxia de Ames “FestiMax”, está composta por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro. Neste senso, a Gala máxica internacional farase o sábado 22 e mailo domingo 23. Como nos últimos anos haberá catro pases, debido á gran demanda que ten este espectáculo entre a veciñanza amesá. A gala estará presentada polo mago Murphy de Madrid e participarán os magos Dani Polo (Galicia), Lore Lavand (Arxentina), Enric Magoo (Cataluña) e Hyun Joon Kim (Corea). Así, o sábado 22 realizarase o espectáculo "Isto é maxia" na Casa da Cultura do Milladoiro, mentres que o domingo 23 de outubro desenvolverase o espectáculo "Agora Maxia", na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ambos días a primeira función será ás 17:00 horas e a segunda ás 20:00 horas. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O XVII Festival internacional de Maxia de Ames, organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. Preme nesta ligazón para descargar o programa do festival de maxia.