- Tipo
- Tematica
Velostar Escola de Ciclismo, en colaboración do Concello de Ames, organiza para este sábado, 4 de outubro, en horario de 17:00 a 19:30 horas, unha xornada de portas abertas para dar a coñecer esta nova escola que traballa con categorías escolares (de 4 a 16 anos). A cita será na pista de rodar e explanada para eventos executada no antigo campo de fútbol de Ortoño. Esta xornada servirá para que os rapaces e rapazas proben e coñezan esta escola. Ao longo de toda a tarde haberá xincanas e circuítos contra o reloxo, sorteo de agasallos, etc. As familias (pais, nais e nenos/as) que estean interesadas poderán falar co director deportivo do club, Martín Bouzas, que lles explicará os métodos de traballo e os plans para esta tempada que comeza en outubro.
Ames conta cun novo club. Trátase do Velostar Escola de Ciclismo, que este sábado 4 de outubro, organiza en Ortoño unha xornada de portas abertas para darse a coñecer entre a veciñanza amesá. A xornada desenvolverase de 17.00 a 19.30 horas na pista de rodar e explanada executada no antigo campo de fútbol de Ortoño. Dende dito club animan á familias de Ames coñezan as súas actividades e se involucren co ciclismo.
Haberá un circuíto con xincanas para mostrar a habilidade dos rapaces coa bicicleta e un circuíto contra o reloxo. Tamén haberá agasallos para os asistentes e contarase con algunha outra opción de ocio. Recoméndase que na medida do posible, as persoas que poidan, leven a súa propia bicicleta e casco para aproveitar ao máximo a xornada. O club porá material a disposición das persoas que acudan.
Xornada para coñecer a escola
Esta xornada servirá para que os rapaces e rapazas proben e coñezan esta escola. Velostar é unha escola que traballa con categorías escolares con rapaces e rapazas desde 4-5 anos ata a categoría de cadetes (16 anos).
Ademais, as familias (pais, nais e nenos/as) que estean interesadas poderán falar co director deportivo do club, Martín Bouzas, que lles explicará os métodos de traballo e os plans para esta tempada que comeza en outubro. Martín Bouzas foi profesional no equipo Kern Pharma.
Dende o Velostar Escola de Ciclismo explican que os adestramentos comezarán en outubro. Debido a iso escolleron o primeiro sábado de outubro para celebrar esta xornada de portas abertas co obxectivo de atraer a ciclistas en idade de formación (categorías escolares) que queiran unirse ao club e queiran divertirse practicando ciclismo.





