Solapas principales

>XIV Gala do Deporte

Sábado, 29 febrero, 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza a décimo cuarta edición da Gala do Deporte, que se celebrará este sábado, 29 de febreiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

Actualmente está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames no ano 2019, que será galardoado/a co premio do público na XIV Gala do Deporte. O resto de premios daranse a coñecer, ao igual que nas catro edicións anteriores, no momento da celebración do evento. Como soe ser habitual este evento reunirá aos clubs e entidades deportivas do concello, así como as deportistas máis destacados durante o 2019 en Ames.

Despois do bo resultado dos tres últimos anos, volveuse a publicar na web municipal unha enquisa, para que a veciñanza amesá poida elixir á/ao mellor deportista de Ames do ano 2019. Para iso hai que acceder á páxina web do Concello (ao banner que está no pé da páxina principal da web) e votar.