- Tematica
O concello de Ames acolle as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia organizadas pola Federación Alcer Galicia, que se celebrarán ao longo da mañá do domingo día 30 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.
O evento arrincará ás 10.00 horas da mañá cunha inauguración na que participará unha delegación do Concello de Ames formada polo alcalde, Blas García, a primeira tenente de alcalde, Susana Señorís e a concelleira de Servizos sociais, Igualdade e Voluntariado, Uxía García. Tamén intervirán na apertura o director xeral de Familia, Inferencia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre, o presidente da Sociedade Galega de Nefroloxía, Jesús Calviño e o presidente de Alcer Galicia, Rafael González.
Durante a mañán, sucederanse os relatorios de profesionais expertos en distintas áreas de coñecemento arredor das enfermidades renais crónicas e como afrontalas, tanto os pacientes como os seus achegados. As xornadas preséntanse como unha oportunidade de intercambio de coñecemento e ensinanzas.





