Solapas principales

>"Unha area de sal" de As da Pontragha

Viernes, 7 noviembre, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. 

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. 

Trátase dun programa de actividades que está pensado para a ampla variedade de familias que se achegan ao proxecto Apego na procura de actividades, recursos e outras propostas creativas e divertidas que faciliten a socialización en galego das crianzas.

Abrindo o mes de novembro, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a proposta "Unha area de sal" de As da Pontragha, unha proposta que pretende achegar ás crianzas a herdanza que deixaron as avoas, tataravoas, nais e moitas máis mulleres da nosa tradición popular e oral.