Solapas principales

> Trouleando: Karting

Sábado, 26 marzo, 2022

A Concellaría de Mocidade comparte a terceira proposta de 2022 do programa Trouleando, unha mañá no kartódromo de Valga. Será o sábado 26 de marzo, con servizo de autobús dende o Milladoiro e Bertamiráns. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o mércores 16 e o sábado 19 de marzo. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

Poderá participar nesta mañá de carreiras a mocidade empadroada no concello de Ames a partir dos 12 anos (persoas nadas no 2009). A proposta contará con servizo de autobús dende os dous núcleos urbanos principais do concello para desprazarse ata Valga. O transporte sairá do Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:15 horas e volverá ás 14:45 horas. Pola súa banda, os horarios de ida e volta dende a Casa da Cultura do Milladoiro serán as 9:30 e as 14:30 horas.

Será preciso contar cun mínimo de 15 mozas e mozos para desenvolver a proposta. En caso contrario, o Concello de Ames poderá anular a actividade.

Para calquera dúbida, pódese contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, a OMIX, no correo electrónico omix@concellodeames.gal.