Solapas principales

> Teatro: O auto do Castromil

Viernes, 6 octubre, 2023
Ás 20:30 horas

A segunda das propostas do departamento de Cultura para o mes de outubro terá lugar o venres 6. Trátase da obra O auto do castromil, de Producións Teatrais Excéntricas, que foi merecedora do premio do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. As entradas están dispoñibles xa na Billeteira electrónica, e hai descontos e prezos reducidos para colectivos especiais. 

A representación narra unha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Mentres os viaxeiros dormen, as maletas amotínanse, cobran vida e repasan a curiosa historia de Galicia. Empregando autos populares, combaten a amnesia colectiva, e contan a historia dun pobo que loita, é derrotado, que volve a levantar cabeza e que se rebela de novo. En definitiva, trátase dunha obra que emprega o humor e o espírito antroidesco para realizar unha viaxe pola Galicia inconsciente.