Solapas principales

>Teatro infantil: Lambetadas

Viernes, 16 octubre, 2020
Ás 17.00 horas e as 18.30 horas.

A programación teatral infantil do segundo semestre de 2020 comeza este venres, 16 de outubro coa obra Lambetadas. O espectáculo, que chega da man de Talía Teatro, presentarase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá dúas sesión, unha ás 17.00 horas e a seguinte, ás 18.30 horas.

Lambetadas é unha peza teatral, de 45 minutos, dirixida a crianzas de 6 a 11 anos. Trátase dun espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega. Faranse dous pases, un ás 17.00 e outro ás 18.30 horas.

A obra ten como obxectivo a concienciación da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naif e inocente, a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas. Pero han acabar descubrindo que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.

O espectáculo é de balde. Para asistir será necesario retirar os convites na Billeteira electrónica.

Por mor da Covid-19 o aforo será limitado para poder manter a distancia de seguridade entre os espectadores. Ademais, adoptáranse as medidas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.

Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.