Solapas principales

> Teatro: "Amantis"

Viernes, 17 marzo, 2023
Ás 20:30 horas

A compañía Rebordelos ofrece a representación de Amantis o día 17 de marzo, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra versa sobre a historia de M, un rapaz de barrio obreiro que soña con ser influencer, e busca ser amado e aceptado. No camiño atopará con trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece, e no que descubrirá que nin el mesmo é o que pensaba ser. As entradas para acudir ao espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A peza teatral Amantis explora a brecha xeracional entre nativos/as e non nativos/as, tentando comprender como inflúen as redes sociais, o seflie e o sexting na formación da propia identidade e nas relacións interpersoais. Nela faise un retrato das novas linguaxes dende unha ollada desprexuizada e optimista, pero consciente das trampas que a hiperconexión agocha para a liberdade, a intimidade e a igualdade de oportunidades.