Solapas principales

> Taller A Proa: "Produción de documentais: o caso de Entroidar"

Miércoles, 29 marzo, 2023
Ás 11:30 horas

O espazo coworking A Proa celebra o mércores 29 de marzo un taller de produción de documentais, que estará dirixido por Andrés Rozados. A sesión consistirá nunha exposición de 30 minutos na que se abordarán os seguintes puntos: a idea, o público e destino desa idea, o orzamento e plan de financiamento, a importancia dos protagonistas, a contorna e a sensibilidade e o proceso e o fin. Posteriormente proxectarase o Entroidar, un documental sobre o Entroido de Laza que ten unha duración de 70 minutos. Así mesmo, haberá un tempo de rogos e preguntas. 

Para participar é preciso inscribirse, premendo nesta ligazón. O tráiler do documental Entroidar pódese ver premendo aquí