Solapas principales

>Taller de cupcakes

Lunes, 30 diciembre, 2019
Das 12.00 ás 14.00 horas e das 17.30 ás 19.30 horas

Desenvolverase un obradoiro pola mañá e outro pola tarde. O da mañá está destinado a un público adulto mentres que o da tarde, a un público infantil de 7 a 12 anos. Ambos terán lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns.

Os dous dispoñen de prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo remata o 18 de decembro.

Para solicitar máis información sobre a actividade pódese enviar un correo a ese mesmo enderezo electrónico.