Solapas principales

> Sesións de contos en Bertamiráns

De Martes, 13 Diciembre, 2022 hasta Jueves, 15 Diciembre, 2022
ás 17:30 horas

“Unha sopiña de contos” é unha das propostas de animación á lectura infantil de decembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 13, 14 e 15 de decembro, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca de Bertamiráns do 5 ao 10 de decembro, chamando ao 981 88 48 29 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.