Solapas principales

> Sesión de contos en Bertamiráns

De Martes, 14 Marzo, 2023 hasta Jueves, 16 Marzo, 2023
Ás 17:30 horas

"Lobos e lobiños" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de marzo, mentres que no Milladoiro parará os días 28, 29 e 30 de marzo, sempre ás 17:30 horas. 

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto do 6 ao 11 de marzo. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.