Solapas principales

> Sesión de contos en Bertamiráns

De Martes, 17 Enero, 2023 hasta Jueves, 19 Enero, 2023
Ás 17:30 horas

"Parabéns para ti" é a proposta de animación á lectura infantil de xaneiro e febreiro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 17, 18 e 19 de xaneiro, mentres que no Milladoiro parará os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, sempre ás 17:30 horas. 

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto do 9 ao 14 de xaneiro. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.