Solapas principales

>Servizo de conciliación

Sábado, 2 enero, 2021
De 10.30 a 13.30 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

Para poder facer uso deste servizo de xeito gratuíto tan só hai que presentar un tícket de compra dalgún establecemento comercial de Ames. Dependendo do día, este servizo ofertarase en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 e de 11.00 a 13.00 horas, ou de tarde de 17.00 a 20.00 horas. Premendo nesta ligazón poderás consultar os días e horas do servizo de conciliación.