Solapas principales

> Rock alternativo con Batossai na praza de Chavián

Domingo, 9 agosto, 2020
Ás 22:00

A praza de Chavián acolle hoxe, ás 22:oo horas o concerto do grupo de rock alternativo “Batossai”. O concerto e debalde e o aforo limitado por mor da normativa de seguridade que impón a loita contra a pandemia.  

O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a pandemia do COVID19.

O grupo Battosai, formado por Héctor Ojea (voz e guitarra), Santiago Pajón (guitarra), Roque Sampedro (baixo) e Nolo Chazo (batería) bebe do grunge e do rock dos años 90 e filtra estas fontes a través de sons actuais, mestura que lle confire unha personalidade propia no panorama musical contemporáneo. No seu prineiro disco “Cuánto tiempo” aprécianse estas reminiscencias dos 90. O nome de Battosai fai alusión a un dos personaxes do anime: Kenshin, o guerreiro samurai, serie da década dos 90 que algúns dos compoñentes da banda vían cando eran nenos.