Solapas principales

>Repair cafe de equipos informáticos

Sábado, 25 octubre, 2025
De 11:30 a 13:00 horas

O Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica do Milladoiro imparte o sábado, 25 de outubro, organiza un repair cafe de equipos informáticos. Trátase dun obradoiro de posta a punta e reciclaxe do teu computador. Trae o teu equipo informático e explicarémosche o seu funcionamento e axudámosche a instalarlle un sistema operativo libre. Esta actividade impartirase no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón

Este sábado, 25 de outubro, volve a organizarse unha nova actividade da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, unha iniciativa impulsada por AGASOL coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames. A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).

Nesta ocasión vaise a impartir un obradoiro de posta a punto e reciclaxe do teu computador. Este obradoiro será impartido polos voluntarios do Banco de Reciclaxe de Electrónica de Milladoiro, dentro das súas actividades de divulgación de software libre e novas tecnoloxías.

Qué é un Repair Café? 
Un Repair Café é un espazo comunitario e gratuíto onde as persoas poden levar obxectos estragados (electrodomésticos, roupa, mobles, aparellos electrónicos, bicicletas etc.) para que voluntarios/as as axuden a reparalos, no canto de tiralos e comprar novos. Este concepto naceu en Amsterdam (Países Baixos) en 2009, de man da xornalista Martine Postma, e desde entón estendeuse por todo o mundo, incluída Galicia, onde xa hai varios grupos locais que organizan estes encontros.

Características principais:
​-Obxectivo: reducir residuos, fomentar a economía circular e promover a reparación como alternativa ao consumo desmedido.
-Como funciona: as persoas levan os seus obxectos, aprenden a reparalos coas ferramentas e coñecementos dos voluntarios, e adoitan compartir un café ou algo para comer mentres traballan en equipo.
-Actividades: ademais de reparacións, organízanse talleres sobre reciclaxe, reutilización ou mantemento básico de obxectos.
-Filosofía: baseado na colaboración, a aprendizaxe e a sostibilidade.

A inscrición pódese realizar premento nesta ligazón. A actividade impartirase no local que está situado no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas.