- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
O primeiro dos relatorios será Tarxetas revolving e microcéditos: a gran trampa, onde as persoas participantes recibirán unha instrución sobre todo o referido á capacidade de endebedamento dentro do núcleo familiar mediante os créditos ao consumo, as tarxetas revolving e os préstamos rápidos. Tamén se mostrará cales son as condicións destes microcréditos e como reclamar ante un problema. Este relatorio celebrarase o día 17 de marzo no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.





