- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante a primeira semana de novembro dous relatorios sobre como evitar fraudes no comercio electrónico. As persoas participantes recibirán instrucións sobre como comprar e vender en liña de xeito seguro e sorteando estafas. Ditos relatorios realizaranse o luns 2 de novembro no salón de plenos da Casa da Concello, en Bertamiráns, e o martes 3 de novembro no Centro Multifuncional do Milladoiro. Ambas actividades serán ás 19.30 horas. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
O Concello de Ames volve organizar xornadas formativas para toda a veciñanza de Ames. Nesta ocasión, cun relatorio sobre como evitar fraudes no comercio electrónico: o luns 2 de novembro, no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns; e o martes 3 de novembro no Centro Multifuncional do Milladoiro. Ambos días, a charla comezará ás 19.30 horas.
Baixo o nome Comercio electrónico: como evitar fraudes, as persoas participantes recibirán instrucións sobre como comprar e vender en liña de xeito seguro e sorteando estafas.
Abordaranse cuestións como a posta a punto dos dispositivos, identificación das tendas en liña de confianza e os seus titulares, detección de fraudes como phishing ou carding, estafas a través do correo electrónico, ou requisitos de información previa e específicos adicionais para os contratos celebrados en mercados en liña.
Recomendacións básicas
Hai unha serie de pasos básicos para evitar ditos fraudes como son verificar a tenda antes de facer a compra (comprobar a url, buscar os datos da empresa, revisar o aviso legal e devolucións, e desconfiar de ofertas imposibles); extremar a precaución cos pagos (usar métodos seguros de pago, activar as alertas do banco, e non gardar os teus datos de pago); e protexer os teus dispositivos e conexións (evitar redes wi-fi públicas, manter o software actualizado, e desconfiar de enlaces recibidos por sms, WhatsApp ou correo electrónico).
Ademais, cómpre lembrar que durante este ano 2026 o persoal da UCGAL xa realizou en Ames outro tipo de relatorios informativos: Tarxetas revolving e microcréditos: a gran trampa; Entende a túa factura eléctrica para aforrar enerxía; e O problema da vivenda: dereitos e solucións.





